Enchufados: nova revista dixital
Editorial
Maio, non había un mes no ano máis galego e apropiado para empezar: os Maios, o Día das Letras Galegas, Festival de Cans… xuntámonos para facer o que mellor sabemos e este era un momento tan bo ou malo como outro calquera. Vale, pode que non sexa o mellor momento para empezar nada con isto da crise, pode que non haxa nada que celebrar, aínda hoxe a prima de risco alcanzou máximos históricos… pois ¡mentira!, non temos xenes de realeza nin tampouco os necesitamos, gústanos o humor e rir por enriba das nosas posibilidades. ¿Quén dixo crise?, ¡Estamos enchufados!