A Cidade da Cultura acolle este martes a presentación oficial da
candidatura galega para acadar un dominio de internet de noso. Seguindo o
ronsel aberto por Catalunya, que en 2005 acadou o .cat, a Asociación
puntoGAL completou todos os trámites económicos, técnicos e
administrativos e antes de remitir a candidatura á ICANN, organiza unha
presentación e unha mesa redonda. O acto será inaugurada pola directora
da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e
nel participarán representantes da Fundació Puntcat, a Secretaría Xeral
de Política Lingüística, o Consello da Cultura de Galicia, EGANET,
Asociación Galega de Editores e Código Cero.