3.5.12

A lingua fóra de plano

O galego é minoritario no circuito non comercial de proxeccións audiovisuais É coñecido que a presenza da lingua galega nas salas comerciais de cinema é minoritaria. No entanto, unha análise a partir dos datos de axenda do soportal AVG de Culturagalega.org, amosa que a nosa lingua tampouco acada máis do que unha representación anecdótica nos circuítos alternativos. Festivais, cineclubes ou ciclos non proxectan máis que un 22,4% de filmes na nosa lingua, unha porcentaxe que aínda se reduce máis se temos en conta algúns factores.