A edición forma parte da Antoloxía da literatura galega, publicada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo
A tradución a distintas linguas da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, continúa no ano no que se conmemora o 150 anos da súa publicación, e faino cunha edición en ruso, presentada o 26 de setembro na Casa Museo de A Matanza, en Padrón, coincidindo co Día Europeo das Linguas.
![]() |
| A tradutora, xunto con Angueira, García, Alonso e González |
