ProLingua falará sobre a situación do galego
En representación de ProLingua asistirá ao encontro o próximo día 6 de xullo o noso compañeiro Quique Costas. Acudirán tamén A Mesa pola Normalización Lingüística, a Real Academia Galega, a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.