4.5.12

Correlingua 2012

Galego todo o que buscas. A Coruña 2012 IES Elviña.



A miña boca non se equivoca

Alimenta ao planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.
 Fala, non pares!
 Fala, non cales!



A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,
marcharon lonxe da casa,
cantaruxaron a eito
na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,
o camiño nas entrañas,
p'ra fecundar o planeta
coa forza da palabra.
 Fala, non pares!
 Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo
e moito me molesta que sexades distintos.
A diversidade non me vai a diferencia é un problema
p'ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.
Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.
xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
 Fala, non cales !
 Fala, non pares !.