18.6.18

As nosas avoas: Alejandro Molejón

Naceu en A Coruña, concretamente en Vioño. Coñeceu ao meu avó hai 58 anos, coincidindo nunha festa. A súa comida favorita era o guiso de carne que lle facía a súa nai.

Vivía nunha casa en Vioño e soían castigala por chegar máis tarde das 10:00.
De nena gustáballe xogar a saltar á corda,ás agachadas, ao corro da pataca...O seu xoguete preferido era unha boneca chinesa de pelo louro e vestido rosa.
O seu primeiro teléfono foi un de roda anos despois de casarse que utilizaba para comunicarse con amigas e quedaba con elas vía teléfono ou simplemente chamando à porta das súas casas. A súa mellor amiga chamábase Mari Pili e antes de estar co meu avó saía cun mozo chamado Marcial.
Tiña unha habitación coas paredes e o teito de cor branco e utilizaba dous pares de zapatos, uns para o día a día e outros para casos especiais. Era os únicos que tiña.
Ela non tiña chaves propias, as únicas que había eran as dos seus pais. Seu pai era ferrovíario e a súa nai, ama de casa.
O que máis lle gustaba do colexio eran as matemáticas e o seu libro favorito era Países e Mares.