18.6.18

As nosas avoas

A miña avoa chámase Hermitas, naceu na Coruña, fai 84 anos. Creceu nun barrio chamado Alcalde Lens, no que viviría o resto da sua vida.
De cando era nena o que máis recorda eran as constantes visitas da policía, devido a que seu pai era un revolucionario antifranquista. Cando a súa nai foi desterrada ela pasou a vivir cos seus tios na aldea, onde aprendeu a coser e cociñar. Uns anos máis tarde chegou a noticia da morte do seu pai, e con ela a nai da miña avoa máis ela regresaron a Alcalde Lens. Pero a súa nai enfermou, morrendo sen sequera recoñecer a súa filla. Durante os anos seguintes coñeceu a Arnando, un mozo tres anos maior ca ela, traballaba na fabrica de butano, e cando tiña 23 anos casou con el. Aos 27 anos tivo a sua primeira filla Ana.