18.6.18

As nosas avoas: Mara García

Á miña avoa chámase Isabel, naceu en Tella no Concello de Ponteceso en 1949. Estudou ata os 14 anos, aínda que lle tería gustado ter estudado máis xa que era unha rapaza de notable e algún sobresaliente pero neses tempos era moi difícil seguir cos estudos.Eran oito irmáns con ela nove e os seus pais non lles podían pagar os estudos a todos, porque aínda que tiñan unha carnicería e non pasaban fame os estudos eran demasiado caros como para pagarllo a nove fillos.

A medida que ía crecendo foi traballando no que puido, traballou calcetando, vendendo produtos de cosmética, limpando casas… e aínda que os seu soño era ser modista sempre fixo o necesario para criar ben aos seu dous fixos que os tivo co meu avó Andrés o único noivo que tivo na vida co que casou aos 18 anos en aínda que ela antes de ir a Corme e coñecelo vivira un ano en Barcelona e viaxara a diferentes lugares pero o que mais lle gustou foi o viaxe de noivos a Zamora.
E hoxe en día a miña avoa esta xubilada en disfruta pescando e cosendo en Corme ao lado de meu avó.