No IES Elviña da Coruña celebramos esta semana o día de Rosalía xunto co CEIP Alborada.
O alumnado de 3o ESO visitou todos os cursos explicando a importancia de Rosalía, así como a proposta da AELG para este ano.
Deixamos un deseño de Rosalía a cada clase e tamén unha flor de papiroflexia a cada neno da escola.
Cos nenos de Infantil, recitamos parte de "Adiós ríos, adiós fontes" e unhas estrofas doutro poema "Este meniño que teño no colo"
Co alumnado de Primaria cantamos "Adiós ríos, adiós fontes"
Os deseños entregados foron modificados por cada clase e pendurados nas ventás.