As asociacións Nova Escola Galega (NEG) e Galiza co Galego
(GcG), impulsora da Rede de Ensino Popular, asinaron o 10 de xullo un
convenio de colaboración polo que traballarán conxuntamente para
promover unha educación laica, plural, en valores, de calidade e en
lingua galega.
Francisco López e Mariló Canedo asinaron o convenio de colaboración