A Universidade de Cardiff acollerá do 12 ao 14 de setembro o X Congreso
da AIEG baixo o título 'Galiza alén do Arco Atlántico. Unha visión
multidisciplinar dos estudos galegos'. Participarán 125 relatores, entre os que figurarán expertos do Consello da Cultura Galega,
institución que alberga a sede da AIEG e que colabora activamente na
organización do encontro.