10.6.12

Premios Xerais

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados.


Os ditames déronse a coñecer na Illa de San Simón nunha cerimonia, conducida por Celia Torres, na que actuou como mantedora literaria a escritora Marilar Aleixandre e Xurxo Souto como músico convidado.