11.6.12

Cabo Jóm e Body Milk (leccións de plurilingüismo)

Artigo de Carlos Negro en Sermos Galiza

Hai xa moitos anos, cando aínda nos podiamos permitir o luxo da inxenuidade, algúns cidadáns deste país mesmo chegamos a acreditar que os grandes magnates do mundo empresarial tiñan a ben concederlle á nosa lingua un oco digno no andel da modernidade: foi así que, parviolos ilusos, visitamos por primeira vez os establecementos de Zara Home coa esperanza de atopar dentro un catálogo de prendas de vestir masculinas con etiquetaxe en galego. Mais saímos de alí cun edredón nórdico fabricado en Tailandia para ocultar a decepción do noso rostro (...).