Relator: Manuel
Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de
Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría
de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da
rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación.
Páxina web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/
Sinopse: Introducirase
a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi
básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes,
pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para
chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de
computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi
doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os
vosos programas, tamén en galego.
Destinatarios: Alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
Data e hora: mércores 5 de novembro entre as 12:00h e as 13:00h.