25.8.13

Non todo vai ser agosto

Opinión de Xosé Manuel Pereiro sobre a concentración das festas neste mes de verán

Alguén debería frear esta desafortunada tendencia antes que vaia a maiores, entre a culpable indiferenza da sociedade, e se manque alguén e teñamos unha desgraza. O que avisa non é traidor. Se seguimos concentrando todos os saraos en agosto pódense producir todo tipo de alteracións psicolóxicas en colectivos relevantes, carencias auditivas a moreas e graves perturbacións nas normas de relación socialmente admitidas en concentracións de poboación estatisticamente relevantes. Polo menos estas serían as conclusións dun estudio minimamente serio que eu podería facer sen problema, se non estivera todo este mes da ceca á meca sen acougo ningún. (...)