GADIS, LARSA E O CONCELLO DE CAMBRE LEVARON OS GALARDÓNS DESTE ANO
As campañas Sairemos como galegos de Gadis en radio, As cousas boas de Larsa en televisión e Ti fas Cambre,
deste concello en Internet, foron os gañadores dos Premios de
Publicidade en Galego, que celebraron neste 2013 a súa vixésima edición.
O Museo das Peregrinacións e de Santiago acollía na tarde do pasado
luns a entrega destes galardóns, que organizan anualmente os consellos
asesores da CRTVG e de RTVE en Galicia. En total foron 127 os traballos
presentados a estes galardóns, e os gañadores son da autoría das
axencias Reclam, que desenvolveu a campaña de Cambre e mais Bap &
Conde, que artellou as de Gadis e Larsa.