6.11.12

Do CERN á aula: ciencia en galego

Co gallo da celebración do III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística e o Servizo de Normalización Lingüística da USC organizan unha videoconferencia este martes 6 de novembro, na que destacados investigadores en Física de Partículas formados en institutos galegos falarán sobre os proxectos científicos que desenvolven na actualidade.