13.11.12

Dez anos do Prestige

Presentación do libro do xornalista Xosé Manuel Pereiro sobre a catástrofe máis grave que tivo Galicia na última década

En novembro de 2002 a sociedade galega sofre unha devastadora catástrofe que provoca, en palabras do autor, Xosé Manuel Pereiro, un “cambio de mentalidade, un trastorno social transitorio” dos galegos. A ausencia de Estado diante do afundimento do Prestige cóbrese cunha marea branca de voluntarios que limparon as costas galegas de chapapote e de indolencia política. Prestige, tal como foi, tal como fomos, de 2.0 Editora, narra a crónica dese desastre, do que aconteceu desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe.