24.9.12

Twitter autoriza o inicio do proceso de tradución ao galego

Crítica á Xunta por apuntarse o tanto da súa incorporación cando foi un logro da comunidade tuiteira
O Centro de Traducións inclúe a lingua galega na lista de idiomas que contarán cunha versión da rede social nos vindeiros meses. Tamén anima a todas as persoas interesadas en colaborar na tradución a que se inscriban na páxina.

 O proxecto creado en GalegoLab reuniu moi rapidamente as 130 horas de traballo voluntario que se calcula que serían necesarias.
O galego é unha das 16 linguas que se incorporan, xunto co irlandés, tamil, galés, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengali, albanés e eslovaco. 
Criticase que dende a Xunta se lance a idea de que o twitter en galego vai chegar pola acción da administración cando finalmente foi a intensa actividade da comunidade tuiteira galega a que acadou o obxectivo.