9.8.12

A presión cidadá consegue que o programa das Festas de María Pita da Coruña xa estea dispoñíbel en galego

Aínda que con seis días de retraso a respecto do inicio formal das Festas de María Pita, o goberno municipal vén de pór ao dispor da veciñanza e das persoas que visitan a cidade a programación festiva completa en galego, tal e como lle demandaron nas últimas semanas o grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística e numerosas persoas, veciñas e visitantes, a título individual.