"A subvención de tradución desapareceu este ano, un saúdo".
É a única explicación que un cidadán recibiu do Ministerio de Educación
e Cultura ao dirixir unha consulta a este departamento do Goberno
central pola demora que no presente ano 2012 estaba a experimentar a
convocatoria anual de axudas para a tradución de libros entre os idiomas
oficiais do Estado. Malia non terse realizado ningún anuncio oficial o
departamento que dirixe José Ignacio Wert confirma, deste xeito, que
abandona o "fomento da tradución e edición entre linguas oficiais
españolas de obras de autores españois" mentres, aínda que con recortes,
non fai o propio cos subsidios a "linguas estranxeiras". Información completa por David Lombao en Praza Pública