Aracadio López Casanova
O Plenario da Real Academia Galega,
nomeou o 22 de xuño académico de honra electo a Arcadio López Casanova e académicos
correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando
Ramallo Fernández, Olivia Rodríguez González, Goretti Sanmartín Rei e
Xavier Vence Deza.
Arcadio López Casanova (Lugo, 1942) é profesor Titular de Filoloxía Española na Universidade de Valencia. Foi profesor invitado nas Universidades de Roma, Boloña e Milán. Dirixiu diversos cursos e pronunciou conferencias en universidades e centros culturais de distintos países europeos e americanos. Como ensaísta e crítico literario, publicou obras de grande interese como Luís Pimentel e a sombra do aire na herba (1990), Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética (1994) e El comentario de textos poéticos (1994).
A súa obra poética recolle títulos como Sonetos da esperanza presentida (1965), Palabra de honor (1967), Liturxia do corpo (1976), Memoria dunha edá (1960 -1975) (1976); Mesteres (1976) ou Dicir unha razón: (varia silva de proverbios, ditados e glosas) (2006). No xénero narrativo, cómpre destacar Caeira dos días (2007).
José Manuel González Herrán é catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago de Compostela. Desde a área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada, destacan os seus estudos sobre escritores galegos na literatura galega e na literatura española. Ao mesmo tempo, salientan as súas publicacións sobre a presenza de escritores non galegos en Galicia e a relación destes con Galicia e con escritores galegos. É colaborador de diversas revistas e publicacións e autor dunha extensa obra.
Luz Méndez (Agolada, 1965) é Asesora Lingúística da Televisión de Galicia, onde dirixiu o programa divulgativo sobre lingua 'Cazador de palabras'. Dedicou á onomástica, principal obxecto de estudo das súas investigacións, diversos artigos en revistas de ámbito nacional e internacional. Ademais, forma parte do International Council of Onomastics Sciences e é membro fundador da Asociación Galega de Onomástica. Entre as súas publicación cómpre salientar o libro de divulgación ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar (2000).
Fernando Ramallo Fernández (Vigo, 1965) é profesor titular de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo. As súas investigacións céntranse na sociolingüística. Son salientables as seguintes publicacións: New perspectives on endangered Languages, (en colaboración con J.A. Flores Farfán e John Benjamins, 2010); New approaches to discourse and business communication (editor, 2009); Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia (en colaboración con Anxo M. Lorenzo Suárez e Hakan Casares Berg, 2008) ou Vender en galego. Comunicación, empresa e lingua en Galicia (en colaboración con Gabriel Rei-Doval, 1997). Participa en numerosos congresos nacionais e internacionais, así como en distintos proxectos de investigación sociolingüística.
Olivia Rodríguez González (A Coruña, 1959) é profesora titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Participou como investigadora en diversos proxectos como 'Literatura e medios audiovisuais: aplicación do método comparativo-textual na análise dos contidos literarios nas tecnoloxías audiovisuais (cine, radio, televisión, novas tecnoloxías audiovisuais)'; 'Literatura e música en irlanda, e o seu correlato na cultura galega'; 'Nosoutros/-as e eles/-as: discursos das escritoras irlandesas e galegas sobre a estranxeiría (1980-2007)' ou 'Poesiagalega.org: constitución e xestión dun repositorio dixital da poesía galega (séculos XIX-XXI) no campo cultural'. Ten publicado estudos como Estética e teoría da cultura en Vicente Risco (2001) ou Vicente Risco. Escritor, etnógrafo e ideólogo do galeguismo (2002), e numerosos artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.
Goretti Sanmartin Rei (A Estrada, 1964) é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o século XIX e na filosófica política de Ramón Villar Ponte. Entre a súas publicacións destacan Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936) (2002); Os (pre)textos galegos (1863-1936) (2002) e A lingua literaria galega no século XIX (2005). Ademais, cómpre salientar o traballo de edición, introdución e notas en A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para a ópera (2002) e Nicomedes-Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Villar Ponte (2006). É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2004/2006).
Xavier Vence Deza (Rodeiro, 1961) é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e coordenador do grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da mesma Universidade. É vogal da Comisión Executiva da AECR (Asociación Española de Ciencia Rexional), da Xunta directiva da SEM (Sociedad de Economía Mundial) e coordenador da rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Setores Innovadores), entre outros proxectos. É membro do Consello de Redacción da revista A Trabe de Ouro, así como do Consello Científico de Revista Galega de Economía e Revista Principios.