5.6.12

Dicionario moderno inglés-galego

2.0 editora presenta esta nova obra de consulta

Ferramenta considerada imprescindible para o acceso a outras culturas, a aprendizaxe do inglés, o afondamento en coñecementos xa adquiridos, ou o dominio da lingua inglesa desde a semántica do galego. Trátase do primeiro gran dicionario bilingüe inglés-galego e vén encher un baleiro histórico na lexicografía galega, que carecía dunha ferramenta destas características.

Este dicionario totalmente práctico abrangue o vocabulario de uso frecuente na lingua inglesa e as súas correspondencias en galego. Un compañeiro ideal para a clase, a empresa, o traballo de especialistas ou o turismo.