Proxecto Trasno ten o pracer de presentar un dos grandes fitos do
software libre en galego. A nova versión 12.04 LTS de Ubuntu, que terá
actualizacións durante os vindeiros 5 anos, relevando así á versión LTS
10.04, co que a comunidade galega de tradución ao software libre
vinculada a Proxecto Trasno cerra un círculo de ampliación e mellora
constante da presenza do galego na máis popular das versións de
GNU-Linux do mundo.