22.5.12

Imaxin Software gaña o Premio Leixaprén 2012

Premio promovido e outorgado pola CGENDL


Unha vez rematado o proceso de votación dos ENDL para o Premio Leixaprén o resultado final foi o seguinte:
Imaxin Software: 199 votos. 
R telecomunicacións: 197 votos. 
Alimentos Amorodo: 186 votos. 
Martín Códax: 182 votos. 
Seguridade A-1: 136 votos. 




Como se pode ver, os resultados foron moi parellos e finalmente foi Imaxín Software a galardoada nesta primeira edición do premio que asume a CGENDL logo de que fose creado e mantido dende 1999 pola Asociación Coordinadora Leixaprén de ENL. 




Imaxín Software ( http://imaxin.com/ ) é unha empresa dedicada ao desenvolvemento de programas informáticos e radicada en Santiago de Compostela que emprega o galego en todos os ámbitos de xestión da empresa. Así mesmo, desenvolveu solucións tecnolóxicas para a introducción do noso idioma no mundo empresarial e elaborou ferramentas lingüísticas como Opentrad e Golfiño, así como diversos servizos educativos e pedagóxicos relacionados co ecoloxismo e o fomento dos valores cidadáns a través de xogos multimedia en galego. 
A CGENDL quere convidarvos a todos e a todas a participar no acto de entrega, que terá lugar este sábado 26 de maio a partir das 14:30 durante o xantar que se se celebrará no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela . Animámosvos a asistir a este acto que ademais servirá para ir poñéndolle o ramo a este curso 2011-2012 no que, a pesar das dificultades que sufrimos os Equipos demostramosr unha vez máis o compromiso asumido coa lingua e a formación do noso alumnado. Para confirmar asistencia ao xantar (25€) , tan só cómpre enviar nome e apelidos e centro de ensino a correo@coordinadoraendl.org . A CGENDL mándanos saúdos.