30.5.07
evolución dos nomes na Galiza
29.5.07
e ti como te chamas ?
galego e logo/ xeración e logo
24.5.07
fálame... chámame
en galego, tes todo un sentimento por transmitir

23.5.07
ves alguén coñecido?
Outro ano máis as rúas da Coruña enchéronse de cor e de mocidade .... todos e todas lembrando que temos dereito a vivir "galegando"..... Ves a alguén coñecido?
Escoita o himno e non esquezas "NINGUÉN NOS CALA: TODO O ANO GALEGANDO"
A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,
marcharon lonxe da casa,
cantaruxaron a eito
na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,
o camiño nas entrañas,
p'ra fecundar o planeta
coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo
e moito me molesta que sexades distintos.
A diversidade non me vai a diferencia é un problema
p'ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.
Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.
xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !¡ Fala, non pares !.
15.5.07
correlingua 07 (2)
correlingua 07 (1)

grazas a todos pola vosa colaboración para facer a pancarta deste ano: para facer os bocetos das letras e as caras, para pasalos á tea, para pintala con paciencia, para cravala aos paus... para paseala polas rúas da Coruña...
e tamén aos profes que colaboraron connosco: Alfonso, María, Lois.... Moitas grazas.
12.5.07
11.5.07
a navegar
comezamos a nosa navegación pola rede
o gavieiro é o mariñeiro que vixia desde a gavia.
Que é unha gavia?
Unha plataforma situada a certa altura no mastro dun navío.
Desde aí otearemos o horizonte na procura das páxinas galegas da rede que vos poidan interesar e de todas as noticias relacionadas coa lingua e a cultura galega.
Sen a colaboración de toda Elviña nunca chegaremos a porto.
Imos todos xuntos surcar mares e océanos como facía Simbad.



