24.5.07

en galego, tes todo un sentimento por transmitir



A perda da transmisión interxeracional é hoxe lugar común cando se trata a cuestión do significativo descenso do número de falantes en Galicia. Eis o motivo desta campaña que reparte material cunha selección de nomes propios, un portafotos, unha serie de consellos para o embarazo e un cd con cantos para arrolar nas voces de Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón ou Xabier Díaz.