Outro ano máis as rúas da Coruña enchéronse de cor e de mocidade .... todos e todas lembrando que temos dereito a vivir "galegando"..... Ves a alguén coñecido?
Escoita o himno e non esquezas "NINGUÉN NOS CALA: TODO O ANO GALEGANDO"
A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,
marcharon lonxe da casa,
cantaruxaron a eito
na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,
o camiño nas entrañas,
p'ra fecundar o planeta
coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo
e moito me molesta que sexades distintos.
A diversidade non me vai a diferencia é un problema
p'ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.
Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.
xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !¡ Fala, non pares !.