11.5.07

a navegar


comezamos a nosa navegación pola rede
o gavieiro é o mariñeiro que vixia desde a gavia.
Que é unha gavia?
Unha plataforma situada a certa altura no mastro dun navío.
Desde aí otearemos o horizonte na procura das páxinas galegas da rede que vos poidan interesar e de todas as noticias relacionadas coa lingua e a cultura galega.
Sen a colaboración de toda Elviña nunca chegaremos a porto.
Imos todos xuntos surcar mares e océanos como facía Simbad.