30.5.07

evolución dos nomes na Galiza

se queres saber máis sobre nomes en galego, o seu significado e historia, preme neste vínculohttp://www.galegoelogo.com/xeracionelogo/escolma.php

29.5.07

e ti como te chamas ?

se queres saber algo máis sobre nomes de persoa - masculinos e femininos-, o seu significado e historia preme nestas ligazóns
galego e logo/ xeración e logo

24.5.07

fálame... chámame



Unha nova campaña da Concellería de Política Lingüística promoverá a transmisión interxeracional do galego. A iniciativa difundirá o uso do idioma dende a etapa do embarazo ata que o nome do novo neno é inscrito no Rexistro Civil.

en galego, tes todo un sentimento por transmitir



A perda da transmisión interxeracional é hoxe lugar común cando se trata a cuestión do significativo descenso do número de falantes en Galicia. Eis o motivo desta campaña que reparte material cunha selección de nomes propios, un portafotos, unha serie de consellos para o embarazo e un cd con cantos para arrolar nas voces de Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón ou Xabier Díaz.

23.5.07

ves alguén coñecido?





Outro ano máis as rúas da Coruña enchéronse de cor e de mocidade .... todos e todas lembrando que temos dereito a vivir "galegando"..... Ves a alguén coñecido?
Escoita o himno e non esquezas "NINGUÉN NOS CALA: TODO O ANO GALEGANDO"

A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planeta

boura polo vento

a lingua dos galegos

non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo

mais por un mundo diverso

onde cada home pouse

o poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca

a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,

marcharon lonxe da casa,

cantaruxaron a eito

na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,

o camiño nas entrañas,

p'ra fecundar o planeta

coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca

a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo

e moito me molesta que sexades distintos.

A diversidade non me vai a diferencia é un problema

p'ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.

Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.

xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !¡ Fala, non pares !.

15.5.07

correlingua 07 (2)


outro ano máis non nos deron premio polo noso traballo... pero non importa... o ano que vén conseguirémolo.... de todas maneiras a nosa era unha das melloras pancartas.... aí vai a mostra

correlingua 07 (1)


grazas a todos pola vosa colaboración para facer a pancarta deste ano: para facer os bocetos das letras e as caras, para pasalos á tea, para pintala con paciencia, para cravala aos paus... para paseala polas rúas da Coruña...
e tamén aos profes que colaboraron connosco: Alfonso, María, Lois.... Moitas grazas.

11.5.07

a navegar


comezamos a nosa navegación pola rede
o gavieiro é o mariñeiro que vixia desde a gavia.
Que é unha gavia?
Unha plataforma situada a certa altura no mastro dun navío.
Desde aí otearemos o horizonte na procura das páxinas galegas da rede que vos poidan interesar e de todas as noticias relacionadas coa lingua e a cultura galega.
Sen a colaboración de toda Elviña nunca chegaremos a porto.
Imos todos xuntos surcar mares e océanos como facía Simbad.

logotipo provisional


este será o noso logotipo mentres ti non deseñes outro.Vai pensando e o ano que vén preséntate ao concurso.