27.6.07

boas novas


Adeus a La Coruña
O novo goberno xa prepara a supresión do L en rótulos e automóbiles.

O
Concello da Coruña semella que vai superar a vella polémica do topónimo. A entrada dos nacionalistas no executivo local está a ser decisiva. A concelleira de Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, sinalou, segundo recolle La Opinión, que o proceso vai ser lento pola cantidade de papeis e carpetas nos que aparece o topónimo castelanizado. Os cambios van ser moito máis rápidos no caso dos rótulos e dos automóbilesA partir de agora, o goberno quere que só se empregue o topónimo oficial e rematar así a estéril e cara teima do ex alcalde Francisco Vázquez. A lingua do país vaise converter en lingua “por defecto” da administración local. Porén, a concelleira de Normalización Lingüística sinalou que “darémoslle facilidades ás persoas que falan castelán, cousa que até agora non pasaba co galego”.

24.6.07

Non poderemos ver Shrek III en galego


Aínda que a lei de Normalización especifica que se promoverá “a dobraxe ao galego de polo menos 10 filmes anuais, de entre os que presenten maiores expectativas comerciais”, quedámonos sen ver a Srhrek e a súa dona Fiona falando galego, mentres que en Cataluña esta divertida parella falará catalán.

pulpiño viascon in the ocean

23.6.07

A Fala de Os Tres Lugaris

Sabes que en Estremadura existe un dialecto do galego? Escoita a nosa fala en en As Ellas, Valverde do Fresno e San Martín de Trevello.

sementeira

Letra: Lois Alvarez Pousa

Música: X.L.R.C.


Sementar sementarei,

loguiño de crarear,

en tanto no pobo medre

un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro

que fale na lingua nai

que suba nos pexegueiros

a fruta verde a roubar.

Un vello que de consellos

un rostro de fume e pan

que conte contos ós nenos

do cuco e do paspallás.

Un cantar de redención

que toque a desolación

nun limpo e craro alborear.
Logo, deixáime morrer,

entre dous regos, queimado,

cando veñan os solpores

dos homes esfamiados.

non te vaias afogar na praia

fotografía gañadora do certame "unha imaxe para o galego!. O seu título: sacando a lingua a flote.

20.6.07

custa traballo crelo


Unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña esixiulle a un rapaz de 13 anos que se dirixise a ela en castelán na consulta. Segundo a versión da nai do cativo, a doutora alterouse co rapaz por falar na lingua propia. Os feitos foron denunciados ante Política Lingüística.
Recomendámoslle á doutora 3 culleradas ao día de man de santo


12.6.07

iolanda castaño

a nosa poesía xúntase coa videocreación. Se queres saber máis sobre a autora preme neste vínculo

http://www.yolandacastano.com/

7.6.07

galiza celta

Lembras o libro de lectura de 1º Morgún... aquí tes unhas imaxes para que poidas seguir imaxinando o mundo celta que recrea.

2.6.07

Galeguiza o teu nome e apelidos




A galeguización do nome e dos apelidos é un acto simbólico de grande importancia para o proceso de normalización da nosa lingua. Cada vez que unha persoa galeguiza o seu nome e apelidos, ou escolle un nome galego para o seu fillo ou filla, non só está amosando publicamente o seu compromiso co noso idioma, senón que tamén está incidindo, co seu comportamento na sociedade en xeral e en todas as entidades en que vaia facer efectivo o cambio (administración, bancos, empresas subministradoras...).