
A galeguización do nome e dos apelidos é un acto simbólico de grande importancia para o proceso de normalización da nosa lingua. Cada vez que unha persoa galeguiza o seu nome e apelidos, ou escolle un nome galego para o seu fillo ou filla, non só está amosando publicamente o seu compromiso co noso idioma, senón que tamén está incidindo, co seu comportamento na sociedade en xeral e en todas as entidades en que vaia facer efectivo o cambio (administración, bancos, empresas subministradoras...).