O Consello Directivo da CGENDL tomou a decisión de esixir a dimisión de Valentín García,
Secretario Xeral de Política Lingüística, polo incumprimento reiterado
das demandas dos Equipos e pola nefasta xestión levada a cabo no seu
departamento en todo este tempo de retrocesos para a lingua galega no
ensino e na sociedade. Por último, lamentamos a exclusión da Coordinadora
da rolda de reunións que o Comité de Expertos da UE que avalía o
cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas mantivo
esta semana en Santiago e achega unha síntese das consecuencias para o galego nas aulas do Decreto 79/2010 ou do Plurilingüismo.