5.10.14

Contos do mar de Irlanda

Xurxo Souto homenaxea ós mariñeiros galegos

Escribe Xurxo Souto: "O océano símbolo tamén do alén, da morte, mais non como destrución, senón espazo de coñecemento absoluto, moito máis alá dos límites da percepción racional". Rosalía sabía ben o que dicía entón no seu final dende o cuarto da humilde casa padronesa da Matanza: "abride as xanelas que quero ver o mar", un mar que non se ollaba... ¡Saúde e océano! E veña, peten os pandeiros e soen as cornas do mar. Contos do mar de Irlanda é un cadrelo de historias contemporáneas dos galegos, unha nova Ora Marítima a fender a tradición mariñeira de que "as cousas do mar non se contan en terra". Homenaxe, necesaria intromisión do Xurxo Souto, atraído e educado polo Atlántico, que tantas esencias do Nós, plural e maxestático asolaga. O bravú ponse en vara, como se poñen os mozos dende que no peirao se ergue a áncora e se toma rumbo cara a incerteza labiríntica do Atlántico.