Pois nada, que na cidade e contorna estivemos unha vez máis on fire
-nunca mellor dito- con iso das lumeiradas. Aquí te somos muy deso.
Este ano foron máis internacionais que nunca. Mesma na cachareliña que
argallamos nós, das vinte persoas que eramos había unha holandesa, unha
sueca, unha bostoniana e un de Ohio. Claro que estabamos con media praia
para nós en Santa Cristina, e en canto lle dixemos aos forasteiros, á
parella estadounidense, se querían achegarse a botar un ollo a Riazor,
que habería milleiros de persoas, puxeron cara de espanto educado e
dixeron que alí estaban perfectamente. Para aglomeracións xa lles debe
chegar coas do estadios dos RedSox, e en Ohio non han faltar desbarres
etílicos e descontrol xeneralizado con calquera escusa.