A Torre de Breogán
Luar na Lubre e a Sinfónica de Galicia homenaxean ao relato celta de Breogán
A banda de música tradicional e a orquestra
preparan un disco conxunto a partir dos concertos que grabarán o sábado 21 e domingo 22 de xuño. Publicarán un libro, disco e película.
Luar na Lubre rescatou un relato épico da cultura celta "para
dar forma a "Torre de Breogán", un espectáculo onde a música e efectos
visuais fundense nunha especie de alquimia", explicou a banda na presentación do concerto que dará pé ao seu novo cedé, así como a
unha película dirixida polo realizador galego Jorge Coira e un libro a
cargo do poeta Xabier Cordal.
O concerto que sirve de base
para o disco grabouse os próximos días 21 e 22 de xuño no
Palacio da Ópera da Coruña. Nel, un centenar de músicos
participaron no espectáculo 'Torre de Breogán' do grupo Luar na
Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia.
O líder de Luar na
Lubre, Bieito Romero, subraiou que se
trata dun espectáculo que recupera a lenda das invasións a
Irlanda e na que se abordan en diferentes momentos, os elementos
do lume, a terra, o ar e a auga.
En concreto, estiveron no esceario 100 músicos entre a OSG e Luar Na Lubre. Ademáis, nesta
produción estiveron implicadas outras 50 persoas. Tamén empregáronse
15.000 vatios de son e 130.000 vatios de iluminación, nun formato
que é para, os seus participantes, "un soño cumprido".
A escenografía, "espectacular", según destacaba o propio grupo na súa
páxina web, vén firmada por Franc Aleu, un produtor catalán de
eventos, audiovisuais e películas.