Despois de cada 1 de maio, como despois de
cada manifestación máis ou menos de oficio, sempre hai o debate da
vixencia dese xeito de celebración/protesta, de se paga a pena
participar, do que hai que cambiar e do que non. Estamos falando desde o
punto de vista dos que entenden que hai que defender os intereses dos
traballadores, partindo da base de que hoxe, traballadores somos
practicamente somos todos, empezando polos autónomos. Claro que tamén
hai quen considera que os que celebran o 1 de maio non defenden os
intereses dos traballadores. Efectivamente, as centrais sindicais non os
deben defender moi ben, tal e como están os tales dereitos, pero sen
dúbida que agradecerían calquera axuda teórica ou práctica que mellorase
os métodos de defensa deses intereses. Para min, por exemplo, as
manifestacións de rutina son máis ben un acto social no que atoparse con
xente, pero tampouco se me ocorre unha gran alternativa.