Un total de 116 producións compiten na quinta edición do festival
audiovisual ‘Olloboi’, organizado pola Asociación Marearte e que trata
de “fomentar a canteira” do sector en Galicia.
Deste modo, no certame participan estudantes dende primaria ata o ensino
superior e afeccionados de todas as idades. De feito, na edición deste
ano, 92 das 116 propostas corresponden a traballos presentados por 30
centros educativos.
Os recoñecementos divídense en oito categorías: ‘Olloboi Cómico
(humorístico); ‘Olloboi Pelón (de crítica social); Olloboi Fotoxénico’
(mellor estética, fotografía); ‘Olloboi DJ’ (música e son); ‘Olloboi
Orixinal’ (mellor guión); ‘Olloboi na Escola’ (mellor experiencia
académica); ‘Olloboi Online’ (elixido cos votos do público); e ‘Olloboi
Zamburroi’ (a mellor proposta).