11.3.14

Sés, Caxade e Davide Salvado "sementan" ensino galego

O pasado xaneiro a compostelá Gentalha do Pichel facía dez anos e, ao repasar esta década de traballo, as persoas que a impulsan destacaban entre os seus éxitos, tan "humildes" como "reais", que xa deran sacado adiante a primeira Semente, unha escola de ensino galego autoxestionada que "regamos" porque "queremos que se torne floresta". "Neste momento já há duas assembleias constituídas em Ferrol e Vigo e temos notícias de outras localidades do país que querem continuar a senda", explicaban. Este domingo, 16 de marzo, a Semente seguirá a medrar apoiada en destacados artistas do país.