15.1.14

"Oink!" a revista de Xabarín, única revista de banda deseñada en galego deixa de publicar

Só se publicaron catro números de setembro a decembro

"O que nos sobra en Galicia é talento, non podemos perdelo, temos que darlle esperanzas ás novas xeracións". Con esta declaración de intencións presentábase este verán Oink! A revista do Xabarín Club, unha revista mensual de banda deseñada e outros contidos, para público infantil e xuvenil e en galego. O proxecto, ambicioso e que viña encher un oco no que a presenza da nosa lingua era case inexistente, non acadou nos seus primeiros catro número a resposta agardada en número de subscricións e exemplares vendidos e Oink! vén de anunciar a decisión de "non imprimir o número 5 ata que consigamos resolver os problemas de liquidez que estamos a experimentar".