17.1.14

O concello de Teo crea un certame para saciar a “fame” de canción en galego

Será a “festa da música e a palabra” e desenvolverase o 5 de abril en Teo. Coa lenda “Tes fame?” inicia a súa andaina o “I Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo”. Un vídeo no que aparecen coñecid@s cantautores e cantautoras anima á participación.