7.10.13

Os galegos valoran máis o sistema público que o concertado

Tres de cada dez alumnos que estudan en Galicia en infantil, primaria ou secundaria fano nun colexio privado, a maioría deles nun concertado. A Xunta destina a estes centros 235 millóns de euros cada ano, con máis de 3.800 aulas subvencionadas. En xeral, os galegos dan un aprobado aos dous tipos de educación, pero desde logo non lle conceden nota. Un ben polos pelos ao ensino público, e un suficiente á concertada. En concreto, na enquisa de Sondaxe dan un 6,05 á pública e un 5,44 á concertada.