5.10.13

Ollos de lingua (nº 9)

Actividades escolares: cantas e  cales?


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega vén de publicar un novo número da revista Ollos de lingua. É o primeiro deste novo curso 2013-2014.
O tema central que trata a revista son o valor e a importancia das actividades extraescolares que teñen nos nosos fillos. Para isto temos a resposta de Montserrat Castro Rodríguez, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
Olga Lalín e Xosé M. Durán tratan da educación de nenos autistas. Facendo visible a diversidade.
En que consiste a pedagoxía terapeútica? Que hai detrás dos profesores especialistas en audición e linguaxe? Lines Salgado fálanos disto.
Tamén a revista recoméndanos algunhas cousas: a visita á Fundación Manuel María en Outeiro de Rei, a lectura do cómic Oink! (o único redactado integramente en galego) ou a lectura de contos para rapaces.