25.3.12

Un vigués que levaba meses reclamando ter a documentación do Sergas en galego ve recoñecido o seu dereito

O cidadán de Vigo que denunciara o pasado 13 de marzo a través da Mesa que levaba 237 días na lista de agarda do Sergas para unha intervención cirúrxica só por solicitar a documentación necesaria en galego vén de obter ao fin o dereito a asinar o consentimento informado na súa lingua.

Este veciño da cidade olívica xa tivera previamente problemas polo mesmo motivo no vigués Hospital de Fátima, de titularidade privada mais concertado co Sergas, onde alén da negativa inicial a facilitarlle ningunha documentación na lingua propia de Galicia mesmo o chegaran a ameazar con non operalo se non asinaba o consentimento informado en castelán.
Chegou a obter respostas por escrito, asinada pola supervisora de atención ao usuario do centro hospitalario, na que practicamente lle negaba o seu dereito a recibir a documentación solicitada en galego e lle recordaba que o castelán tamén é unha lingua oficial