30.1.12

Volven os "máis jrandes"

Os Herdeiros da Crus celebran o seu 25 aniversario cun concerto na discoteca LP 45 de Ordes o 3 de marzo. A banda utilizou con éxito as redes sociais para difundir a súa volta entre os seus seareiros

 

Co lema, "Volven os máis jrandes", a produtora Airapro, que dirixen os actores Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro, filmou varias pequenas pezas con algúns dos cómicos máis populares do país. Velaquí un exemplo:

 


"Preto de 3.000 entradas vendidas en pouco máis de catro días. Un dato que demostra até que punto os fans dos Heredeiros da Crus estaban agardando o regreso do que foi un dos grupos máis emblemáticos e determinantes da historia do rock en galego", explica a produtora.Agora queda por ver se a reunión dos Herdeiros mantense de clara a unha posíbel xira este verán. Na tenda en liña saen os últimos 300 billetes o próximo xoves.
Fundado no Barbanza a comezos dos noventa por Javi Maneiro (voz),  Antonio Novo Suárez "Tuchiño" (guitarra),  Tonhito de Poi  (guitarra rítmica e voz)  Francisco Javier Velo Cambeiro "O Jran Fran"  (baixo) e  José Manuel Santamaría Medín  (Batería), os Herdeiros editaron oito traballos discográficos, marcados por un rock setenteiro e letras sobre a vida cotiá dos mozos no rural.
O seu traballo de 1992 A Cuadrilla de Pepa a Loba foi o primeiro disco de rock en galego que escoitaron moitos mozos deste país. Pechábase tal que así: