5.10.11

O Centro Dramático Galego acada o seu maior éxito de público coa obra de Bertold Brecht Ópera dos tres reás

 Non todas son noticias negativas no mundo cultural galego

A ópera dos tres reás, a adaptación realizada polo Centro Dramático Galego (CDG) da obra de Bertold Brecht e Kurt Weill converteuse na montaxe con maior éxito de público da compañía pública. Ao longo da xira realizada ao longo de tres meses a obra foi vista por un total de 19.700 espectadores, dos que case 9.500 rexistráronse nas 18 funcións realizadas fóra da comunidade autónoma.


A montaxe dirixida por Quico Cadaval contaba cun elenco de actores encabezado por Luís Tosar. Agadic destaca que o éxito alcanzado conseguiuse cun extenso equipo artístico e técnico de máis de 50 persoas, entre eles once actores e nove músicos.

Entre as representacións ofrecidas fóra de Galicia destacan os cheos absolutos que se rexistraron no nove funcións do Teatro Fernán Gómez de Madrid, o éxito alcanzado durante clausúraa do Festival Internacional de Teatro, Música e Danza das Palmas e a inauguración da tempada escénica no Teatro Principal de Zaragoza.