25.9.11

Belocidade, bontade e obos

Unha nova encrucillada crítica no ensino público galego

Iniciamos un curso nunha nova encrucillada crítica moi grave: degaleguización e marxinalidade do ensino público galego. Como bos gavieiros observamos un horizonte falto de perspectivas alentadoras. O artigo publicado por Manuel Rivas en El País é un claro reflexo do estado da educación no noso país.



Manuel Rivas: Belocidade, bontade e obos (El País. 23-IX-2011)

O que está a ocorrer coa deseducación da Educación en Galicia, e tamén coa desgaleguización do galego, faime lembrar moito a táctica defendida por un adestrador de fútbol na histórica equipa chamada La Cultural y Deportiva Leonesa. Malia o nome do club, con esa vocación de sport-ilustrada, o devandito adestrador, preguntado pola súa concepción do fútbol, anunciou unha innovadora táctica que denominou "B+B+B", coñecida tamén como Os tres bes.

-É en que consiste esa nova táctica?-, inquiriu un dos sorprendidos xornalistas.
-Moi sinxelo-, dixo o míster, -é a suma de tres factores fundamentais. Iso que eu chamo os tres bes.
-Pero, que factores?-, insistiu, impaciente, o reporteiro.
-Pois mire vostede, os tres bes son: belocidade, bontade e obos.

Artigo completo. Pincha aquí