A nova directiva suprime o Servizo de Cultura
O programa 'Libro Aberto' deixa de emitirse na TVG
O programa 'Libro Aberto' deixa de emitirse na TVG
O espazo cultural 'Libro Aberto' desaparece da grella da TVG a partir do 24 de xuño, cando se emita por última vez. Segundo informa o director do espazo, Luís Rei, a nova directiva suprimiu o Servizo de Cultura, polo que quedan no aire outros programas como 'Miraxes', 'Alalá'. 'Planeta Cine', 'Onda Curta' ou 'Ben falado!'.