"Disque en Santiago a chuvia é arte. O que é arte son os paraugas. Os paraugas cando combinan e marchan por Compostela. Esvaeceuse na turbulencia histórica o soño dun gran Partido Galeguista. Mais o que temos nestes limiares convulsos do século XXI e unha magnífica ferramenta cívica de marca PG: o Paraugas Galego. Ou o Parachuvias de Galicia."
O Paraugas contra o Apartheid. Manuel Rivas